Normas

Normativa de la competición


Competición “ Vigo en Xogo “
Organiza: “AGRUPACIÓN DEPORTIVA VIGO“


Normas Xerais
Regulamento
2.009 – 2.010


COMPETICIÓNS DEPORTIVAS E RECREATIVAS NON FEDERADAS


I N D I C E

  • 1 NORMAS XERAIS 15 INCOMPARECENCIAS
  • 1.1 Introdución
  • 1.2 Regulamentación 16 SANCIÓNS POR INCOMPARECENCIAS
  • 1.3 Condicións de participación
  • 1.4 Preinscrición e Inscrición 17 NON PRESENTACIÓNS
  • 1.5 Idades
  • 1.6 Xogadores/as 18 SANCIÓNS POR NON PRESENTACIÓNS
  • 1.7 Xogadores/as federados
  • 19 SANCIÓNS POR ALIÑACIÓN DE FEDERADOS,
  • 2 ORGANIZACIÓN TÉCNICA
  • 2.2 Cambio de nome do equipo 20 REGULAMENTO DAS SANCIÓNS
  • 2.3 Cambio de equipo ou deporte
  • 2.4 Desenvolvemento 21 SANCIÓNS ECONÓMICAS
  • 3 CAMBIO DE HORARIO OU APRAZAMENTO 22 PAGAMENTO DAS SANCIÓNS
  • 4 NORMAS TECNICAS ESPECIFICAS 23 ACLARACIÓNS / RECLAMACIÓNS
  • 4. 1 Delegados/as dos equipos
  • 4. 2 Funcións e obrigacións do/a responsable e delegado/as 24 RECURSOS
  • 4. 3 Retirada ou expulsión do/s delegado7s
  • 4. 4 Campos de Futbol 7 e Pavillóns 25 BAIXAS DE EQUIPOS, EXPULSIÓNS
  • 4. 5 Encontros
  • 4. 6 Duración dos encontros 26 TABOLEIRO ANUNCIOS, E PAXINA WEB
  • 4. 7 Licenzas
  • 4. 8 Puntualidade 27 COMISIÓN DE PARTICIPACIÓN
  • 4. 9 Vestimenta 27.1 Compoñentes
  • 4.10 Adornos, lentes, aparellos 27.2 Nomeamentos
  • 4.11 Balóns 27.3 Competencias
  • 4.12 Bancos 27.4 Reunións
  • 4.13 Revisión das Licenzas
  • 28 COMITÉ DE COMPETICIÓN
  • 5 ASCENSOS E DESCENSOS
  • 29 COMITÉ DE APELACION
  • 6 REGULAMENTACIÓN DOS DEPORTES
  • 30 ÁRBITROS
  • 7 ALIÑACIÓNS ENDEBIDAS 30.1 Obrigas
  • 30.2 Regulamentación
  • 8 NORMAS XERAÍS DAS FALTAS 30.3 Anexos
  • 8.1 Carácteriscas xeraís
  • 8.2 Especificación das faltas 31 INCOMPARECENCIA ARBITRAL
  • 8.3 Tipos de sancións
  • 32 SEGURO DOS ACCIDENTES DEPORTIVOS
  • 9 REGULAMENTO XERAL DAS SANCIÓNS 32.1 Co ndicións particulares
  • 9 1 Sancións xerais 32.2 Garantias aseguradas
  • 9.2 Sancións ao responsable ou delegados/as 32.3 Asistencia sanitaría
  • 9.3 Sancións aos xogadores 32.4 Asegurados
  • 32.5 Cobertura e riscos cubertos
  • 10 PERMUTA DAS SANCIÓNS 32.6 Riscos excluidos
  • 32.7 Declaracións dos sinistros
  • 11 SANCIÓNS POR CARTÓNS 32.8 Datos para cubrir o parte de accidentes
  • 12 SANCIÓNS POR ACUMULACIÓN DOS CARTÓNS 33 BAIXA MÉDICA
  • 13 EXPULSIÓN POR CARTÓNS 34 USO ENDEBIDO DO SEGURO
  • 14 SUSPENSIÓNS 35 DISPOSICIÓN DERRADEIRA

1 NORMAS XERAIS
3 0
1.1 INTRODUCIÓN
Esta competición DEPORTIVA RECREATIVA NON FEDERADA para o fomento e práctica do
deporte afecionado nace dunha idea do Concello Vigo e da “Agrupación Deportiva Vigo“ no ano
1992, coñocéndose hoxe en día como “Vigo en Xogo“.
Dende o ano 2006, a “Agrupación Deportiva Vigo“ é membro da Asociación Española de
Futbol 7. non federado.
1.2 REGULAMENTACIÓN
1 ) A regulamentación que rexe esta competición é a presente normativa; e o seu cumprimento é
seguido pola Organización, Comité de Competición e Comité de Apelación, os cales poderán actuar de
oficio en toda momento e lugar para esclarecer ou sancionar calquera feito producido no transcurso da
competición e sen suxeición de prazo.
2 ) A inscrición nesta competición leva consigo aceptación polos participantes das normas xerais e
disposicións recollidas no presente regulamento, así como aquelas outras que a organización puidese
aprobar ao longo da tempada.
3 ) O regulamento técnico aplicado a cada deporte é o marcado pola federación deportiva
correspondente; entendose por regulamento técnico; aquel que especifica e regula as causas propias
do xogo, coa salvidade dos puntos que se indican na presente normativa, así como o regulamento de
xogo desta competición, que prevalecerán sobre o regulamento de calquera federación.
4 ) A potestade disciplinaría da “Agrupación Deportiva Vigo” exercidas polo Comité de
Competición e Comité de Apelación, esténdese a todas as persoas que estean dentro da súa extrutura
orgánica, sobre os clubs deportivos, equipos e aos seus delegados/as, e xogadores, xúices árbitros,
oficiais de mesa, e en xeral en todas aquelas persoas que estéan vinculadas de forma directa ou
indirecta en todas as actividades que organiza.
1.3 CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
1 ) Nesta Competición Recreativa Non Federada poderán participar todas as asociacións, clubs,
entidades e todos as persoas que o desexen de forma colectiva, sempre que se inscriban nos prazos
establecidos e o permitan as posibilidades da organización.
2 ) Para adquirir a condición de participante deberán cumprirse todos os requisitos esixidos pola
organización.
3 ) No caso de que un integrante dun equipo que fora expulsado nas tempadas anteriores polo uso
endebido de outro/s Centro/s Sanitario/s, Facultativo/s, Ambulancia/s ou polo uso incorrecto da/s
instalación/s deportiva/s, unha vez cumprida a súa sanción, quera volver a participar en calquer
competición que organice a “Agrupación Deportiva Vigo”, terá que aboar o total ou a parte
proporcional que lle correspondia dos gastos acaecidos. Asemesmo tamen terá que depositar unha
fianza de 60,00.-.
4 ) A fianza lle será devolta cando deixe de participar, sempre que nin él, seus compañeiros do
equipo ou acompañantes no contravengan calquer causa das que se fan referencia no apartado
anterior.
1.4 PREINSCRICIÓN E INCRICIÓN
1 ) A preinscrición e inscrición terá que facela a persoa responsable do equipo. Todos os equipos
terán que facer a preinscrición e presentar a súa documentación nos prazos e formas establecidos pola
organización,
2 ) Despois de facer a preinscrición e aboar a fianza, seo equipo causa baixa non terá dereito á
devolución desta.
3 ) No caso de falseamento nos datos da preinscrición ou inscrición, licenza/s ou calquera outro
documento relacionado conha competición, será responsable da veracidade desta a persoa
3 0
responsable do equipo, así como o/s xogador/es que conste/n na dita documentación que serán
expulsados de unha a catro tempadas.
4 ) Non se poderá inscribir ningún xogador federado de: baloncesto, voleibol, balonmán, futbol
sala, futbol 7 e futbol 11, estea ou non en activo se non cumpre o establecido no artigo 1.7.
5 ) A inscrición nesta competición atorgalle ás e aos participantes os seguintes dereitos e debeis:
Pagamento dos gastos xerais da organización, colaboradores, arbitraxes e alugeiro de instalacións;
información periódica sobre o desenvolvemento da competición e cobertura de atención médica polas
lesións que poidan sufrir as e os participantes durante os encontros e segundo as condicións
específicas da póliza do seguro de accidentes.
1.5 IDADES
1 ) As e os participantes terán que ser maiores de idade; En caso excepcional permítese a
incorporación só de dous xogadores/as menores de idade por equipo, (16 – 17 anos) en neste caso o
pai/nai o tútor/a legal terá que cubrir no impreso oficial desta agrupación unha autorización, e entregar
unha copia compulsada do seu DNI. O impreso ten que ser asinado tamén pola persoa responsable do
equipo.
2 ) Na División de Honra (maiores de 30 anos), só poden participar un máximo de tres xogadores
por equipo que teñan 28 ou 29 anos.
1.6 XOGADORES/AS
O/s delegados/xogadores ou xogadores/as, só poderán xogar en dous deportes diferentes
baloncesto e futbol sala ou baloncesto e futbol 7.
1.7 XOGADORES FEDERADOS
1 ) O/a xogador/a federado/a en baloncesto e voleibol non pode xogar a baloncesto.
2 ) O/a xogador/a federado/a en balonmán, futbol sala, futbol 7 e futbol 11, non pode xogar en
futbol sala nin a futbol 7.
2 ORGANIZACION TÉCNICA
2.1 CAMBIO DE NOME DO EQUIPO
Unha vez comezada a competición non se pode cambiar o nome do equipo.
2.2 CAMBIO DE EQUIPO OU DEPORTE
1 ) Non se pode cambiar de equipo dentro da súa modalidade deportiva na mesma tempada.
2 ) Só poderán cambiar de deporte aquelas ou aqueles delegados/xogadores ou Xogadores que
teñan licenzas para baloncesto e futbol sala ou baloncesto e futbol 7.
2.3 DESENVOLVEMENTO
1 ) A competición lévase a cabo en pavillóns e campos municipais, así como nas instalacións que a
organización poida alugar.
2 ) Os encontros de forma xeral terán lugar nos fins de seman, ben sexa o sábado ou domingo coas
programacións seguintes:
BALONCESTO, sábados dende as: 13,00 ata as 21,00 horas
domingos.dende as: 8,30 ata as 21,00 horas
3 0
FÜTBOL SALA E FUTBOL 7 sábados dende as: 13,00 ata as 21,00 horas
domingos dende as: 9,00 ata as 21,00 horas
3 ) En casos excepcionais ou por necesidades organizativas pódese variar esta norma, tendo que
xogar os venres ou sábados pola noite ou noutros horarios e datas.
3 CAMBIO DE HORARIO OU APRAZAMENTO
O cambio de horario como o aprazamento dos encontros, polas incidencias que ocasiona na
organización e desenvolvemento da competición, será algo excepcional e terá que ter unha causa de
forza maior xustificada e moi importante para que a organización ou o Comité de Competición o
autorice.
1 ) Cada equipo ao longo da tempada só terá dereito a catro cambios de horario.
2 ) Cando queden só catro xornadas para o remate da tempada non se concederá ningún cambio
de horario nin aprazamento.
3 ) Só a persoa responsable do equipo ou os outros delegados poderán solicitar o cambio de
horario ou aprazamento na solicitude que facilita a organización, que se cubrirá en todos os seus
apartados e asinada. A solicitude ten que ser entregada antes das 20,30 horas do luns anterior a
xornada para disputar o encontro.
4 NORMAS TÉCNICAS ESPECÍFICAS
4.1 DELEGADO/AS DOS EQUIPOS
Cada equipo só poderá ter un máximo de tres delegados repartidos en, delegado/as ou
delegado/s/xogador/es, pero só un exercerá as funcións de responsable do equipo. Unha vez
nomeada/o o responsable, o equipo que desexe cambialo/a terá que solicitalo por escrito a
organización.
4.2 FUNCIÓNS E OBRIGACIÓNS DO/A RESPONSABLE E DELEGADO/A
1 ) Pola súa especial responsabilidade deberán dar exemplo ante os seus xogadores/as e
acompañantes, son os responsables de todos eles, e terán que velar que todos cumpran as normas
establecidas respecto as instalacións, así como nas deste regulamento referente a uniformidade ou
feitos antideportivos co fin de que impere a boa orde de todos, antes, durante ou despois do encontro,
tanto no campo de xogo como fóra del, para o que colaborarán co árbitro, oficial da mesa,
responsable/s da/s instalación/s e membros da organización ou comités cando sexan requiridos.
2 ) O/a responsable do equipo é a única persoa que legalmente representa ao equipo ante a
organización, cos dereitos e obrigas que tal representación lle outorga.
3 ) O/a responsable do equipo terá que tramitar a inscrición e dilixenciar as licenzas ante a
organización; velará pola veracidade dos datos nelas contidos, e que estas se axusten as normas e
regulamento da competición
4 ) O/a responsable, o delegado/a ou delegado/xogador será só a persoa autorizada para dirixirse,
presentar suxestións, aclaracións, reclamacións e interpor recursos na defensa dos intereses do seu
equipo ante a organización ou comités de competición e apelación.
5 ) O/a delegado/a non pode xogar e só poderá ter licenza para unha modalidade deportiva. Só o
delegado/xogador pode xogar e exercer as dúas funcións. No caso de participar en dous deportes,
deberá ter licenza e seguro deportivo para cada un deles.
3 0
6 ) Para comezar o encontro, sempre ten que estar presente unha/un delegado de cada equipo,
(Responsable, Delegado/a ou Delegado/Xogador). Se por causas de forza maior non se presenta
ningún deles poderá exercer as funcións de delegado durante todo o encontro un xogador, tendo este
que permanecer no banco sen cambiarse. No caso de xogar considérase aliñación indebida.
7 ) Quen faga de delegado coa debida antelación 5 minutos antes do comezo do encontro, terá que
entregarlle ao árbitro, as licenzas só dos xogadores que están presentes nese momento, identificándoos
co seu número de dorsal. Cuberta a acta con estes datos terá que asinala, coa súa sinatura certificará
que os xogadores están presentes na instalación deportiva.
8 ) Quen faga de delegado no encontro comunicaralle ao árbitro calquera lesión do/s seu/s
xogador/es para que o faga constar no acta, solicitaralle o parte de sinistro para o Seguro Médico
Deportivo, e no caso de extrema gravidade será o responsable de chamar a ambulancia que esta
concertada co seguro.
4.3 RETIRADA OU EXPULSION DO/AS DELEGADO/AS
1) No caso de que un equipo teña sancionados os tres delegado/as, pode solicitar unha
autorización para que un máximo de dous xogadores fagan as funcións de delegado/xogador. Esta
autorización eventual rematará cando vaian cumprindo as sancións aos titulares.
2) No caso de que un equipo se quede sen responsable ou delegados pola súa retirada ou
expulsión, o equipo poderá solicitar só un novo nomeamento de responsable delegado/a ou delegado
xogador. Se este novo cargo e sancionado coa súa expulsión, o equipo tamén será expulsado.
4.4 CAMPOS DE FUTBOL 7, E PAVILLÓNS
1 ) Está terminantemente prohibido fumar, consumir bebidas alcohólicas e comer pipas nos
campos de futbol 7, pavillóns, bancos e vestiarios. O delegado no encontro e todos os compoñentes do
equipo son os responsables dos seus acompañantes, os cales tamén están suxeitos a cumprir esta
norma.
2 ) Todos os participantes e os seus acompañantes están obrigados ao cumprimento das normas
de uso e conservación das instalacións deportivas; serán responsables dos danos causados nelas, na
persoa, bens ou propiedades dos outros participantes, membros da organización, persoal das
instalacións e xuíces árbitros; derivados de calquera tipo de conduta violenta ou antideportiva.
3 ) No caso de producirse algún acto vandálico causando algún deterioro nas instalacións e non se
saiba quen foi o/a culpable/s, faranse responsables a todos os equipos que xogasen ata o momento de
ter conocemento dos ditos deterioros. Estes equipos terán que facerse cargo de todos os gastos dos
danos causados.
4 ) No caso de que algún equipo non queira facerse cargo dos gastos orixinados todos os seus
compoñentes serán expulsados dende unha a catro tempadas.
5 ) Nos terreos de xogo está terminantemente prohibido que estéan os acompañantes mentras
se esta a xogar.
6 ) Nos campos de Futbol 7 que están próximos, non se pode quecer co/s balón/s no medio deles
nin polas bandas. Tampouco podera facerse nos pavillóns mentres están xogando outro/s equipo/s.
7 ) Nin a organización nin os responsables das instalacións deportivas, se farán cargo de
calquera dano que poidan sufrir os acompañantes e os nenos/as por estar no terreo de xogo ou
nos bancos. Tampouco se farán cargo dos furtos que poidan ter lugar nos vestiarios, bancos,
pavillóns e terreos de xogo.
4.5 ENCONTROS
3 0
1 ) O número mínimo de xogadores para poder comezar un encontro será o seguinte: baloncesto e
futbol sala cinco, e futbol 7 seis
De non cumprir a esta norma daráselle o encontro como incomparecencia.
2 ) O encontro rematará cando por calquera feito un equipo quede no terreo de xogo con: un
xogador en baloncesto, con tres en futbol sala ou con catro en futbol 7.
De estarnos neste caso, e ir o equipo infractor empatado ou gañando, daráselle o encontro por
perdido por 2 a 0 en baloncesto e por 1 a 0 en futbol sala e fútbol 7, e de ir perdendo o resultado será
válido.
3 ) Se un/s xogador/es chega/n mentres se está a xogar o primeiro tempo ou antes do comezo de
segundo, este/s poderá/n xogar. O/a delegado do equipo no encontro, entregara no descanso a/s
licenza/s aó árbitro para que o/s apunte/n na acta. De non facelo, considerarase aliñación indebida
4.6 DURACION DOS ENCONTROS
1 ) Baloncesto: dous tempos de 25 minutos cada un con 5 minutos de descanso; os últimos 3
minutos do segundo tempo serán a reloxo parado.
2 ) Fútbol Sala e Futbol 7: dous tempos de 25 minutos cada un con 5 minutos de descanso.
3 ) En caso de forza maior (atraso no comezo do encontro) estas normas pódense variar para
axustar o horario establecido pola organización
4.7 LICENZAS
1 ) As licenzas deberán estar cubertas en todos os seus apartados: nome, apelidos e DNI. coa súa
letra, e número do dorsal, terán validez pola tempada, e poderán ser renovadas nas seguintes.
O primeiro prazo para novas licenzas remata o mércores anterior á 4º xornada.
O segundo prazo comeza dende o luns posterior á 15º xornada ata o mércores anterior á 18º.
As datas para darse de alta son só de luns a mércores.
2 ) Os delegados no encontro deberán presentarlle ao árbitro, a/s licenza/s oficial. So en caso de
forza maior permitirase a presentación do DNI ou outro documento orixinal que teña a foto do
participante.
3 ) Se un equipo ou un integrante do mesmo, non presenta a/s licenza/s unha segunda vez, o
delegado/responsable será sancionado con tres encontros; a terceira vez con seis encontros, tamen
será sancionado o equipo como incomparecencia, de reincidir o equipo sera expulsado.
4.8 PUNTUALIDADE
1) Co fin de comezar o encontro no horario establecido pola organización, o/s equipo/s teñen a
obriga de presentarse coa debida antelación, ( 5 minutos antes do comezo do encontro ).
2) Establécense só 5 minutos de cortesía, a partir da hora prefixada para o comezo do encontro,
unha vez pasado o dito tempo o árbitro cerrará a acta e reflectirá nela o/s equipo/s que no/n está/n
presente/s.
4.9 VESTIMENTA
3 0
1 ) Os equipos usarán a roupa deportiva descrita na folla de inscrición, será obrigatorio saír ao terreo
de xogo debidamente uniformados, pantalóns e camisetas iguais e da mesma cor; no seu lombo figurará
un número distinto para cada xogador/a perfectamente visible e adherido, de tal xeito que non poida
modificarse no transcurso do encontro.
2 ) Os xogadores non poden mostrar camisetas interiores con públicidade e deben de ter manga
( fútbol sala e fútbol 7 ). O equipamento básico obrigatorio non deberá ter mensaxes politicos, relixiosos
ou persoais.
3 ) Os porteiros ( fútbol sala e fútbol 7), deberán empregar outros cores que os distingan dos xogadores
e do árbitro. Non podendo ter obxetos perigoros, coma por exemplo: cremalleiras.
4 ) Todos os xogadores de futbol sala e futbol 7 terán que usar obrigatoriamente un protector das
canelas as cales teñen que estar totalmente cubertas coas medias, e estar feitas dun material apropiado
(goma, plastico, poliuretano ou outra substancia similar).
5) De usar roupa interior debaixo da camiseta terá que ter a mesma cor, se se usan pantalóns
termicos tamén terán que ser da mesma cor que o pantalón.
6 ) Cando a cor das camisetas dos equipos sexan iguais ten que cambiar obrigatoriamente o equipo
visitante.
En todos os deportes é obrigatorio que os xogadores ao saír ao terreo de xogo leven a
camiseta por dentro do pantalón e tamén cando están a xogar.
4.10 ADORNOS, LENTES, APARELLOS
1 ) Os xogadores non poden xogar con reloxos, pulseiras, aneis, pendentes, piercing ou calquera
outra clase de xoias que sexan perigosos para eles ou para os demais xogadores. No caso de que un
xogador non poida quitar o odorno, terá que cubrilo con esparadrapo ou con outro material de xeito que
non manque a ninguén. O árbitro non deixará xogar a que non cumpra esta norma.
2 ) Os delegados/xogadores ou xogadores, que teñan que xogar con: lentes, aparellos dentais, etc.,
farano baixo a súa enteira responsabilidade. A organización, nin o seguro deportivo faranse cargo de
calquera accidente que poida/n sufrír por causa do seu uso. O xogador que teña que xogar con gafas
ou calquer aparello, terá que avisar o árbitro do encontro, o cal reflectira na acta o número da sua
licenza, tendo este que asinar a mesma
4.11 BALÓNS
Cada equipo ten a obriga de presentar ao árbitro antes do comezo do encontro, un balón en
boas condicións e que reúna as características aprobadas pola organización. No caso de non valer,
será sancionado o responsable do mesmo, artigo 9, apartado 9.2 g ) e o equipo será sancionado
economicamente, artigo 21, apartado f.
4.12 BANCOS
1 ) No banco de cada equipo todos os participantes que non estean xogando terán que permanecer
sentados no mesmo, e só poden estar durante o desenvolvemento do encontro os participantes que
consten na acta. Os xogadores teñen que estar debidamente uniformados. No caso de que pola
ausencia do delegado, un xogador faga as súas funcións non podera estar uniformado.
2 ) O/s xogador/es expulsado/s no encontro, con dous cartóns amarelas, cartón azul ou vermello ou
técnica descalificante, non pode/n estar no banco nin polo arrededor.
4.13 REVISIÓN DAS LICENZAS
3 0
1 ) A revisión e comprobación das Licenzas por parte dos Xuíces Árbitros ou polos membros da
organización, e comites de competición e apelación pódense facer, antes do encontro, no descanso ou
despois do remate do mesmo.
2 ) Calquera negativa por parte dalgún equipo á someterse a dita revisión o a falta de algún dos
participantes no momento de levala a cabo será reflectida na acta do encontro ou nun informe, e terá a
consideración de aliñación indebida.
3 ) Ao facer a revisión das Licenzas, no caso de dúbidas sobre a identificación dun participante, este
terá que presentar o seu DNI, ou outro documento orixinal para a súa identificación.
Calquera incumprimento do disposto neste artigo 4, ou nos seus apartados, deberán ser
reflectidos polo árbitro na acta do encontro, ou nun anexo da mesma para os efectos
disciplinarios previstos neste regulamento.
5 ASCENSOS E DESCENSOS
1 ) BALONCESTO 1ª División baixan 4
“ 2ª “ baixan 10
2 ) FUTBOL SALA 1ª División baixan 4
2ª “ ascenden 2 de cada grupo
2ª “ baixan 4 “ “ “
3ª “ ascenden 2 “ “ “
3º “ baixan 2 “ “ “
4º “ ascenden 8
3 ) FUTBOL 7 División de Honra 1ª División baixan 4
“ “ 2ª “ ascenden 2 de cada grupo
4 ) FUTBOL 7 Senior 1ª División baixan 4
“ “ 2ª “ ascenden 2 de cada grupo
“ “ 2ª “ baixan 4 “ “ “
“ “ 3ª “ ascenden 2 “ “ “
“ “ 3ª “ baixan 2 “ “ “
“ “ 4º “ ascenden 8
5 ) A/s praza/s do/s equipo/s que perda/n a súa categoria pola aliñación de xogadores federados ou
por incomparecencia ou non presentación nas últimas catro xornadas, será/n ocupada/s polo/s equipo/s
da categoria inferior mellor clasificado/s, manténdose igual os ascensos e descensos.
6 REGULAMENTACIÓN DOS DEPORTES
Baloncesto
1 ) No caso de non estar presente o oficial da mesa, o equipo locatario terá que poñer a disposición
do árbitro unha persoa cualificada para exercer a súa función. No caso de ser un xogador, poderá
exercer dita función nun período ou nos dous, non puidendo xogar mentres o faga.
2 ) No caso de que un equipo quede con 4 xogadores no terreo de xogo só por expulsións
persoais, o xogador que faga de oficial de mesa poderá cambiarse por un dos sancionados. No caso
de xogar non cumprindo esta norma, considerarase aliñación indebida.
3 ) Non poderá facer de oficial de mesa, ningún integrante do equipo se esta sancionado con tarxeta
técnica no encontro ou polos comités de competición, apelación ou organización.
3 0
4 ) Se o que fai de oficial de mesa é un delegado ou un xogador, terá que presentar a súa lícenza
ao árbitro do encontro. No caso de ser unha persoa que non pertence ao equipo terá que identificarse
co seu DNI.
5 ) A persoa que faga de oficial de mesa, non poderá facer ningún comentario de carácter técnico
cara ao árbitro. O árbitro podera mandar sustituirlo cando considere que está interferindo na súa labor.
Futbol Sala
1) Na acta só se poden anotar un máximo de 12 xogadores e delegado/a.
2 ) No inicio do encontro, os equipos terán que ocupar os bancos situados na su zona de defensa,
tendo que cambiarse no segundo tempo.
3 ) Cada equipo só ten dereito a un tempo morto de un minuto en cada periodo do xogo. Os tempos
mortos só se concerán estando na posesión do balón. Cando falten só 4 minutos para o descanso ou
para a terminación do encontro, non se poderán pedir tempos mortos.
4 ) Se un xogador se cambia polo porteiro, terá que levar o número de dorsal que lle corresponde.
5 ) O executar o tiro libre direto, os adversarios teñen que estar a 5 metros do balón.
A partir da xesta falta non poderan formar barreira de protección. O porteiro ten que estar na sua
área, a 5 metros do balón como minimo.
Os xogadores teñen que poñerse detrás de unha linea imaxinaría alineada co balón, paralela a
linea de meta e fora do área e a unha distancia de 5 metros do balón, no podendo obstaculizar o
xogador que executa o tiro libre.
Ningun xogador podera pasar a devandita linea, ata que o balón sexa golpeado e posto en
movemento.
6 ) O facer o saque da linea de banda, o balón tén que estar inmóvil sobre a devandita linea, o
executor, ten que tér unha parte dun pé sobre a linea de banda ou no exterior para facer o saque. Os
xogadores defensores teñen que estar a unha distancia minima de 5 metros.
7 ) Pitarase falta indireta se se tardan mais de 4 segundos, no saque de meta, sacar da linea de
banda ou executar un saque da esquina,
NOTA: A Regulamentación das reglas da Federación Galega están, na paxina wed
http://www.vide.es, da Fundación Vigo en Deporte ( VIDE ).
Futbol 7
1 ) Xógase sen fora de xogo
2 ) Existen 3 cartóns: amarelo, azul (expulsión con cambio) e vermello (expulsión sen cambio), o
árbitro mostraraas nos lances de xogo merecedores das mesmas.
3 ) No saque dende o centro do campo o gol é valido tanto ao inicio como ao conseguir o gol.
4 ) No saque de porta o balón non poderá pasar do centro do campo. No caso de pasar pitarase
falta tirando a mesma na liña do centro do campo por donde pasou o balón.
5 ) Estando o balón en xogo o porteiro poderá saír do área xogando el mesmo, e será considerado
como un xogador máis.
6 ) O porteiro cando reciba un balón, ainda que sexa dun contrario, non poderá golpealo directamente
o medio campo contrario, de volea nin de bote pronto, se non que terá que polo en xogo no chán,
en disputa, e golpelo co pé.
3 0
7 ) O porteiro NON poderá recoller coa man o balón dos seus compañeiros, nin en cesión de xogo,
nin en cesión de banda. Considérase cesión se se fai pasandollle o balón dende a cintura para baixo.
Lanzarase a falta dende o frontal da área no lugar maís preto ao lugar da infracción.
No caso de reiteración na/s cesión/s o/s xogador/es será/n sancionado/s con cartón amarela.
8 ) O saque da falta é libre sempre que o balón este parado e no lugar correcto, excepto apreciación
do árbitro ou que se pida barreira (7 metros)
9 ) Se un xogador contrario se coloca diante do balón (menos de 3 metros) e interrompe
intencionadamente o normal desenvolvemento do xogo, será amonestado con cartón amarelo. Se o
lanzador da falta busca deliberadamente provocar a cartón lanzando o balón ao contrario, será
sancionado con cartón amarelo.
10 ) No caso de producirse unha falta (agás o penalti) dentro da área (xogo perigoso, cesión
retención, etc…), o balón lanzarase dende o frontal da area no lugar mais preto o que se cometeu a
falta, situandose a barreira a 7 metros.
7 ALIÑACIÓNS INDEBIDAS
1 ) Aliñación do delegado/a
2 ) Aliñación do xogador que estea facendo as funcións de delegado no encontro.
3 ) Aliñación do/s SANCIONADO/S
4 ) Aliñación do/s xogador/es, que esté/an de BAIXA polo Seguro Deportivo
5 ) Aliñación de xogador/es, que falsifique/n a súa Licenza.
6 ) Aliñación de persoa/s ou xogador/es, que xogue/n coa/s licenza/s de outro ou non teñan
unha autorización da organización
7 ) Aliñación de xogador/es, que se poña/n a xogar unha vez comezado o segundo tempo non
constando na acta.
8 ) Aliñación de un/s xogador/es cando cambie/n de camiseta pola de outro xogador que xa
este xogando, sen poñelo en coñecemento do árbitro.
9 ) Aliñación do xogador de baloncesto que estea facendo de oficial de mesa nese período
tendo o seu equipo, máís de catro xogadores no terreo de xogo.
10 ) Por xogar o primeiro tempo e non entregar antes do comezo do segundo, as licenzas ou
outro documento acreditativo das identidades dos participantes no encontro.
11 ) Cando o equipo se nega a facer a revisión das licenzas ou a falta de algún dos
participantes no momento de facelo.
12 ) Cando un participante se nega a presentar outro documento para a súa identificación no
momento de facer as comprobacións das licenzas.
O equipo que incumpra calquera apartado deste artigo, será EXPULSADO da Competición
sendo sancionado o responsable do mesmo, e o resto dos compoñentes dende unha a catro
tempadas.
3 0
8 NORMAS XERAIS DAS FALTAS
8.1. CARACTERISTÍCAS XERAIS
Considéranse faltas todas as accións ou omisións que se fagan con intención, culpa ou
neglixencia, con resultado sancionable polo xuíz árbitro, organización e comites.
1 ) O ámbito destas normas/regulamento esténdese a infraccións do regulamento e as formas de
conducta antideportiva durante a competición “Vigo en Xogo”, coa salvidade de que todos os
participantes poderán ser sancionados en todo evento, sexa deportivo ou non, que organice a
“Agrupación Deportiva Vigo“, cando o seu comportamento non sexa o correcto o vaia en contra das
normas establecidas no presente regulamento.
2 ) Na clasificación das faltas teranse en conta as circunstancias modificativas de culpabilidade que
poiderán concorrer nas mesmas.
8.2. ESPECIFICACIÓNS DAS FALTAS
O grao das faltas atendendo ás circunstancias modificativas das mesmas son as seguintes,
leves, graves e moi graves.
1 ) Son circunstancias modificativas atenuantes, as seguintes,
a ) Aceptar inmediatamente a sanción que o árbitro impuxo.
b ) Que o infractor amose arrepentimento de forma ostensible e inmediata á acción da falta.
c ) Non amosar solidariedade cos infractores, no caso de sancións colectivas.
d ) Non ter sido sancionado anteriormente.
2 ) Son circunstancias modificativas agravantes, as seguintes,
a ) Non acatar de forma inmediata a decisión do árbitro.
b ) Provocar coas faltas, graves anomalías no desenvolvemento do encontro.
c ) Provocar o apoio tumultuoso ou violento doutras persoas.
d ) Ser reincidente.
8.3 TIPOS DAS SANCIÓNS
1 ) As sancións terán o carácter preventivo, educativo e correctivo que axude aó fomento e
desenvolvemento das conductas e espírito deportivo e xogo limpo que debe rexer esta competición.
Desta forma salvagardarase a boa organización e o respecto para que os participantes acaten as
normas e regulamento da mesma.
2 ) Os tipos de sancións tipifícanse en, amoestacións, suspensións e expulsións.
9 REGULAMENTO XERAL DAS SANCIÓNS
9.1 SANCIÓNS XERAIS
a ) Cando o equipo campión de grupo que ten que xogar o Torneo de Campións, non poña en
coñocemento da organización antes do xoves anterior á dita xornada, que non se pode presentar a
xogar, será expulsado e non poderá participar na seguinte tempada. No caso de non presentarse por
causa maior debidamente xustificada, o comité de competición será quen resolva dita incomparecencia.
b ) Cando un equipo que estea xogar o Torneo de Campións, se retira do mesmo sen unha causa
maior debidamente xustificada, será expulsado e non poderá participar na seguinte tempada.
c ) Cando un equipo se compromete a representar á organización en calquera competición allea á
competición de “Vigo en Xogo “, non se presentara ou se retira da mesma antes do seu remate, sen
una causa maior debidamente xustificada, será expulsado e non poderá participar por dúas tempadas.
3 0
d ) Todo participante que con as súas verbas, así como escritos en calquera medio de difusión
público ou privado, ou en calquera acto notorio ou público, sen fundamento nin razón, actuando de mala
fe, desprestixie, menoscabe ou atente contra a dignidade da organización, dos membros da mesma,
árbitros e colaboradores será sancionado, dende tres a vinte encontros, ou expulsado dende unha a
dúas tempadas.
e ) Os delegados (responsable, delegado/a ou delegado/xogador), así como todos os demais
compoñentes do equipo son os responsables do comportamento dos seus acompañantes, poidendo ser
sancionados en función da gravidade dos feitos e circunstancias concurrintes, dende amoestación a
vinte encontros e, dependendo da gravidade dos feitos acaecidos, expulsión dende unha a tres
tempadas puidendo tamen ser expulsado o equipo polo mesmo tempo.
f ) Polo uso incorrecto das instalacións deportivas e/ou seu mobiliario, non cumprindo as normas
das mesmas así como deste regulamento será sancionado dende, tres a vinte encontros, e segundo a
gravidade dos feitos acaecidos poderá ser expulsado o/s infractor/es e tamén o equipo dende unha a
catro tempadas
g ) Por fumar, consumir bebidas alcohólicas e comer pipas, nos campos de futbol 7, pavillóns,
bancos e vestiarios, será/n sancionado/s dende tres encontros a expulsión da competición, dende
unha a tres tempadas, e podera chegar a sancionarse ao equipo polo mesmo tempo.
h ) Por negarse a abandonar o terreo de xogo, ou o banco cando sexa expulsado no encontro,
dende oito encontros á expulsión dende unha a tres tempadas, puidendo tamén ser expulsado o seu
equipo polo mesmo tempo.
i ) Pola falsificación da documentación, expulsión do responsable do equipo e do que conste nela
dende, unha a tres tempadas, puidendo tamén ser expulsado o equipo polo mesmo tempo.
j.) Por xogar a futbol sala e futbol 7, expulsión dende unha a tres tempadas
k ) Pola non adecuada vestimenta de tres ou máis xogadores do equipo, sanción económica e
perda de dous puntos na clasificación xeral.
l ) Polo uso indebido do seguro, para unha lesión non acaecida nesta competición “Vigo en Xogo”,
expulsión do infractor e do responsable do equipo dende dúas a catro tempadas
m ) .Polo uso indebido por parte de calquera participante das actas, licenzas o outros documentos
da organización, sanción dende tres a dez encontros. No caso de ser un acompañante do equipo, será
sancionado o delegado responsable no encontro.
n ) Por adoptar unha actitude pasiva ou neglixente no cumprimento das ordes, decisións ou
instrucións do árbitro, oficial da mesa, responsable/s das instalacións deportivas, membros da
organización e comités, cando se lle solicite, non poñendose a disposición do/s mesmo/s, ou se
desatenda das mesmas, dende dous a quince encontros.
ñ ) Polas, desconsideracións, menoscabos, protestas, insultos, berros, ameazas, empregar xestos
ou actitudes coactivas e ademáns, formular reparos ou observacións pronunciando verbas atentatorias
ao decoro ou dignidade, antes, durante o despois da celebración dun encontro, cara ao árbitro, oficial de
mesa, compoñente/s do equipo propio ou contrario, público en xeral, responsable/s da/s instalación/s,
membro/s da organización ou comités, dende dous encontros á expulsión dende unha a tres
tempadas, puidendo tamén ser expulsado o equipo polo mesmo tempo.
o ) Pola incitación os deportistas, acompañantes ou público en xeral e outras actitudes
antideportivas, con xestos ou palabras contra o desenvolvemento do encontro dende tres a quince
encontros ou expulsión dende unha a tres tempadas.
p ) Polo intento de agresión, ou repeler a mesma de tres a vinte encontros, puidendo chegarse
segundo a gravidade dos danos ocasionados á expulsión, dende unha a catro tempadas, así coma o
equipo polo mesmo tempo
3 0
q ) Por agresión/s dende oito a trinta encontros, e dependendo da gravidade dos feitos acaecidos
expulsión dende unha a catro tempadas, así coma o equipo polo mesmo tempo,
r ) Pola agresión repetida ou altamente lesiva ocasionando unha lesión que motivara a baixo do/s
agredido/s, dende vinte a cincuenta encontros e en función das circunstancias concorrentes,
expulsión dende duas a catro tempadas, así como o equipo polo mesmo tempo
s ) O delegado/xogador que estea sancionado, non poderá participar nin como delegado, nin como
xogador. No caso de facelo, terá a consideración de aliñación indebida.
t.) Cando un delegado/xogador ou xogador, que xoga en dous deportes diferentes sexa sancionado
polo árbitro coa expulsión (tecnica descalificante, cartón azul ou vermello) no transcurso do encontro;
ou sexa sancionado polo comité de competición ou apelación, non poderá xogar na outra modalidade
mentres non cumpra a sanción. No caso de xogar será expulsado dende unha a tres tempadas e o
equipo donde xogou, será tamén expulsado por aliñación indebida
u ) Por non presentarse sen causa debidamente xustificada ante a organización, ou comités de
competición ou apelación, no caso de ser convocado, dende dous a seis encontros
Todas as faltas en contra dos xuíces árbitros, oficiais de mesa, persoal das instalacións,
colaboradores, ou membros da organización e comités, serán sancionadas co máximo rigor
9.2 SANCIÓNS AO RESPONSABLE OU DELEGADOS/AS
Os/as responsables e delegados/as serán sancionados, dende amoestación a expulsión polo
incumprimento das seguintes obrigas:
a.) Por permitir que os seus xogadores ou acompañantes incumpran as normas establecidas,
respecto ao uso e conservación das instalacións deportivas e sobre o consumo de bebidas con alcohol,
fumar ou comer pipas, o que faga de delegado nese encontro será sancionado dende tres encontros a
expulsión dende unha a tres tempadas, puidendo tamén ser expulsado o equipo.
b ) Por non entregar as licenzas coa debida antelación; (5 minutos antes do comezo do
encontro), un encontro. No caso de reincidir tres encontros.
c ) Por entregar a/s licenza/s do/s xogador/es que non está/estean presente/s nese momento na
instalación deportiva dous encontros. No caso de reincidir catro encontros.
d ) Por non presentar a/s licenza/s unha segunda vez, tres encontros, pola terceira seis encontros,
e ) Por negarse asinar a acta antes do comezo do encontro, e no caso de chegar tarde (minutos de
cortesía), no descanso ou a finalización do encontro dende catro a oíto encontros
f ) Por non facer cumprir a normativa a seus xogadores de que chegen a tempo para o comezo do
encontro, (minutos de cortesía) o responsable do equipo e o que faga de delegado nese intre, un
encontro. No caso de reincidir tres encontros.
g ) Por non presentar un balón ao árbitro antes do comezo do encontro, un encontro. No caso de
reincidir tres encontros
h ) Por deixar que os xogadores saian a xogar indebidamente uniformados, ou que cando estean a
xogar quiten a camiseta por fora do pantalón, a primeira vez amoestación, a segunda vez un encontro.
No caso de reincidir tres encontros.
i ) Por deixar que os xogadores que están no banco estean de pé e non sentados no mesmo, a
primeira vez amoestación, a segunda vez dende un a seis encontros.
3 0
j ) Por deixar que estéan no banco ao arredor, integrantes do equipo que non consten na acta, que
xá están sancionados, que foran expulsados no encontro, que están de baixa no caso de constar na
acta, e non están debidamente uniformados, así como calquera outra persoa que non pertenza ao
equipo, dende tres encontros a expulsión dende unha a tres tempadas, así coma o equipo polo
mesmo tempo.
k ) Por deixar que o equipo se retire do terreo de xogo ou negarse a inicialo sen causa maior moi
xustificada, dende tres a quince encontros.
l ) Por deixar que o/s xogador/es se autoexpulse/n do terreo de xogo ou abandonar o banco sen a
autorización do árbitro ou oficial da mesa, dende un a catro escontros
m ) Pola invasión do campo por parte dos seus xogadores ou acompañantes dende tres a quince
encontros.
n ) Por deixar que os seus xogadores usen tacos metálicos, o responsable do equipo e o que faga
de delegado no encontro, dende quince a trinta encontros e no caso de sufrir alguén unha lesión polo
seu uso, expulsión dende dúas a catro tempadas.
ñ ) Por deixar que os seus xogadores, quecen co balón/s no medio dos campos (futbol 7) ou dentro
do pavillón mentres estean xogando outros equipos, a primeira vez dende dous a catro encontros No
caso de reincidir dende catro encontros á expulsión podendo tamen ser expulsado o equipo.
No caso de que o/s balón/s interrompa/n o normal desenvolvemento do encontro, dende tres a
seis encontros., No caso de reincidir dende seis encontros á expulsión dende unha a dúas tempadas
podendo ser expulsado o equipo polo mesmo tempo.
o ) Por deixar que os seus acompañantes estean no medio dos campos (futbol 7) mentrés está
xogándose o encontro, a primeira vez; dende amoestación a catro escontros: No caso de reincidir
dende catro a dez encontros, no caso de ser nenos/as dende dous encontros a expulsión ata tres
tempadas, podendo ser expulsado o equipo polo mesmo tempo.
p ) Por negarse a entregar a/s licenza/s do/s compoñente/s do equipo ao árbitro do encontro,
membros da organización ou comités, expulsión dende unha a catro tempadas así coma ao equipo
polo mesmo tempo
q ) Pola primeira incomparecencia do equipo incumprindo calquera dos apartados b – c – d – e, do
artigo 16, dous encontros
r ) Pola non presentación do equipo incumprindo o apartado b do artigo 18, un encontro. Por
incumprir o apartado c, a primeira vez, dous encontros, por incumprir o apartado c, unha segunda vez,
catro encontros.
s ) Pola expulsión do equipo por contravir calquer apartado do artigo 7, o responsable do equipo
será expulsado dende unha a catro tempadas.
t ) Se polo incumprimento das súas obrigas, as mesmas provocaran accións que fixeran perigar a
integridade física do xuíz árbitro, oficial da mesa, persoal das instalacións, membros da organización,
comités, xogadores ou acompañantes do equipo propio ou contrario dende catro encontros a
expulsión ata tres tempadas.
u ) Por non entregar a/s licenza/s na sede da organización do/s sancionado/s, no prazo establecido
no presente regulamento, artigo 20, apartado 1, o responsable do equipo será sancionado con tres
encontros.
9.3 SANCIÓNS AOS XOGADORES
As faltas cometidas, independentemente do establecido no artigo 9, apartado 9.1, e da
aplicación polo árbitro do regulamento deportivo, sancionaranse da seguinte forma:
a ) Polo uso de tacos metálicos:expulsión dende dúas a catro tempadas.
3 0
b ) Pola non adecuada vestimenta ou saír a xogar indebidamente uniformado, a primeira vez un
encontro e sanción económica. No caso de reiteración dende dous a seis encontros e sanción
económica.
c ) Polo uso de vestimenta non autorizada neste regulamento, ou poñer a camiseta por fóra do
pantalón cando se está a xogando, dende amoestación a catro encontros.
d.) Por atrasar intencionadamente o comezo ou reinicio do encontro, dende dous a seis encontros
e ) Por xogo perigoso ou violento, dende dous a quince encontros e segúndo a gravidade dos
danos causados expulsión dende unha a catro tempadas
f ) Por autoexpulsarse do terreo de xogo ou abandonar o banco sen a autorización do árbitro ou
oficial da mesa, dende un a catro escontros.
g ) Por quecer co/n balón/s no medio dos campos (Futbol 7) que están próximos, polas bandas dos
mesmos, ou dentro do pavillón mentres están xogando outros equipos, dende un a catro encontros. No
caso de que o/s balón/s interrompa/n o normal desenvolvemento do encontro, dende dous a seis
encontros,
A reiteración nalgún destes apartados poderá chegarse a sancionar coa expulsión do
infractor dende unha a tres tempadas, así como a do seu equipo polo mesmo tempo
10 PERMUTA DAS SANCIÓNS
1 ) Os participantes que foron sancionados só cun máximo de catro encontros poderán solicitar por
escrito ante a organización ou comité de competición, a permuta da sanción para facer arbitraxes de
Futbol 7 base, ou outras actividades os sábados ou domingos.
2 ) Se un participante solicita a dita permuta e non se presenta sen unha causa debidamente
xustificada, será sancionado co dobre da sanción que xa tiña, tendo que cumprir integramente esta
nova sanción, nonse puidendo acoller a unha nova permuta.
11 SANCIÓNS POR CARTÓNS
a ) Cando a falta cometida durante un encontro sexa penalizada coa expulsión, ( cartón
descalificante, baloncesto ), ( vermello, futbol sala ), ( azul directo ou vermello, futbol 7 ), por parte
do árbitro, este retirará a licenza do infractor, que se deberá considerar xa sancionado para o seguinte
encontro. Todas estas sancións poderán verse incrementadas segundo o fallo do comité de
competición, quen valorará a gravidade dos feitos polo cal foron mostradas.
b ) Todos as cartóns que mostre o árbitro aos participantes que estean no banco ou na grada, serán
incrementados co dobre do que marque o artigo/apartado, aplicado no seu caso.
12 SANCIONS POR ACUMULACIÓN DOS CARTÓNS
Baloncesto (técnicas acumulativas), futbol sala e futbol 7, (amarelas).
a ) 5 “ Técnicas ou Amarelas 1 encontro
b ) 8 “ “ “ “ 1 encontro
c ) 10 “ “ “ “ 1 encontro
3 0
13 EXPULSIÓN POR CARTÓNS
a ) 3 Técnicas descalificantes ( baloncesto ).
b ) 4 Vermellos futbol sala.
c ) 3 Vermellos futbol 7.
d ) 5 Azuls directas futbol 7.
e ) 12 Amarelos ou Técnicas acumulativas ( baloncesto ).
14 SUSPENSIÓNS
1 ) Cando un encontro se teña que suspender ou interromper por agresións mutuas ou actitudes
antideportivas de algún/s equipo/s ou dos seus acompañantes, antes do comezo ou durante o
desenvolvemento do mesmo, procederase a dárlle o encontro por perdido, perda da totalidade da
fianza e desconto de quince puntos na clasificación xeral do equipo que, de feito feamente conste
como responsable, sancionándose o/s xogador/es e delegado/s nese encontro, dende oito encontros a
expulsión dunha a catro tempadas, puidendo chegar a sancionarse o/s equipo/s polo mesmo tempo.
2 ) Cando a suspensión é debida á falta dun balón regulamentario en boas condicións o encontro
rematará a ceros, descontandolle a cada equipo tres puntos na clasificación xeral, sendo sancionados
os delegados responsables e tamen economicamente.
3 ) Se o árbitro estivera coaccionado coa actitude dalgún dos equipos ou acompañantes, non fora
capaz de suspender o encontro ou actuar dun xeito neutral; o resultado final non terá validez, os
comités de competición e apelación terán a potestade para abrir información sobre os feitos acaecidos e
sancionar se é necesario o/s delegado/s e xogador/es
4 ) Se o encontro se suspende por causas de forza maior, condicións atmosféricas ou deficiencias
no terreo de xogo; non se volverá xogar se faltan menos de dez minutos para a finalización do mesmo.
Noutro caso o encontro acabarase xogando o tempo pendente, puidendo só aliñar cada equipo aos
xogadores que constaran na acta no encontro anterior, sendo excluídos aqueles que foran
sancionados como consecuencia dese encontro. No caso de aliñar a ditos xogadores o/s equipo/s
será/n expulsado/s por aliñación indebida.
15 INCOMPARECENCIAS
15.1 INCOMPARECENCIAS
a ) Cando non estea ninguén do equipo no terreo de xogo.
b ) Cando transcorridos os 5 minutos de cortesía, dende a hora prefixada para o comezo do
encontro, un ou os dous equipos non estean presentes co número mínimo de xogadores esixido polo
presente regulamento.
c ) Cando un equipo se retira do terreo de xogo sen causa maior debidamente xustificada, unha vez
comezado o encontro, ou a súa negativa a inicialo.
d ) Pola non presentación da/s licenza/s unha terceira ou cuarta vez.
16 SANCIÓNS POR INCOMPARECENCIAS
a ) Pola primeira incomparecencia se non se presenta ninguén do equipo ou se a competición fora a
unha volta ou unha eliminatoria, expulsión.
b ) Pola primeira incomparecencia, cun número insuficiente de xogadores ou non presentar a/s
licenza/s unha terceira vez, sanción ao responsable do equipo, perda do encontro polo resultado que
especifique o deporte correspondente, perda da metade da fianza e desconto de seis puntos na
clasificación xeral.
3 0
c ) Cando os dous equipos se presentan cun número insuficiente de xogares, ou no caso de non
presentar a/s licenza/s unha terceira vez, as sancións serán as seguintes. O encontro se lles dará cun
empate a ceros, sanción a cada responsable do equipo, perda da mitade da fianza e desconto de sete
puntos na clasificación xeral a cada un deles.
d ) Por retirarse do terreo de xogo ou non querer iniciar o encontro, sanción ao responsable do
equipo, perda do encontro polo resultado que especifique o deporte correspondente, perda da totalidade
da fianza e desconto de seis puntos na clasificación xeral.
e ) A falta só de catro xornadas para o remate da tempada, no caso de presentarse un equipo cun
número insuficiente de xogadores ou non presentar a/s licenza/s unha terceira vez, as sancións serán
as seguintes: sanción ao responsable, perda do encontro polo resultado que especifique o deporte
correspondente, perda da totalidade da fianza, desconto de seis puntos na clasificación xeral e perda
da categoría para a vindeira tempada, no de caso cun equipo na vindeira tempada, teña que xogar na
mesma categoría, non poderá ascender, Se equipo xoga na última categoría, na vindeira tempada non
poderá ascender.
f ) Pola segunda incomparecencia expulsión.
17 NON PRESENTACIÓNS
Considérase nón presentación, cando o responsable ou delegado/a do equipo notifica por escrito
antes das 20,30 horas do mercores anterior a xornada a celebrar, que non se pode presentar a xogar
por causa maior debidamente xustificada.
18 SANCIÓNS POR NON PRESENTACIÓNS
a ) Pola non presentación a primeira vez, perda do encontro polo resultado que especifique o
deporte correspondente.
b ) Pola non presentación a segunda vez, sanción o responsable, perda da metade da fianza, e
perda do encontro polo resultado que especifique o deporte correspondente.
c ) A falta só de catro xornadas para o remate da tempada; a primeira vez perda do encontro polo
resultado que especifique o deporte correspondente, sancion ao responsable, perda da metade da
fianza e de tres puntos na clasificación xeral, pola segunda, sancion ao responsable, perda do
encontro polo resultado que especifique o deporte correspondente, perda do resto da fianza e de seis
puntos na clasificación xeral.
e ) Pola non presentación unha terceira vez, expulsión
O comité de competición está facultado para apreciar, en caso excepcional, as
incomparecencias, ou non presentacións xustificadas, procedendo da seguinte maneira,
Reprogramación ou perda do encontro, sempre que fora por unha causa de forza maior
debidamente justificada.
19 SANCIÓNS POR ALIÑACIÓN DE FEDERADOS
O equipo que aliñe algún xogador federado, estea ou non en activo, que non cumpra o
artigo 1 apartado 1.7, será sancionado con,
Expulsión do responsable do equipo e do xogador dende dúas a catro tempadas.
Perda de todos os encontros nos que participou o xogador, polo resultado que especifique o
deporte correspondente ata a data da resolución do comité de competición.
3 0
Perda de quince puntos na clasificación xeral e perda da categoria para a próxima tempada non
podendo ascender na mesma. No caso de xogar na última categoría, nas vindeiras duas tempadas non
poderá ascender.
Perda da totalidade da fianza.
20 REGULAMENTO DAS SANCIÓNS
1 ) Despois de pórse no taboleiro de anuncios as decisións do comité de competición, calquera dos
delegados (responsable, delegado/a ou delegado/xogador), terá que entregar a/s licenza/s do/s
sancionado/s no prazo máximo de 24 horas na oficina da organización. No caso de estar só sancionado
por acumulación de cartóns, non é necesario entregar a licenza.
2 ) As sancións serán cumpridas de maneira estrita nos encontros vindeiros á data do fallo do
comité de competición ou apelación.
3 ) Se, o/s integrante/s dun equipo non termina/n de cumprir a sanción que tiña/n imposta
dentro do desenvolvemento da tempada, quedará/n sometido/s á/s seguinte/s.
4 ) O equipo que teña algún sancionado, ou fiche a alguén que xa o estea, e o aliñe para
xogar non tendo cumprido integramente a sanción que tiña imposta, será expulsado por
ALIÑACIÓN ENDEBIDA.
21 SANCIÓNS ECONÓMICAS
a ) Cartóns de técnicas acumulativas e amarelos………………………………………. 1,00.- 
b ) Cartón descalificante, baloncesto………………………………………………. 3,00.- 
c ) “ azul, futbol 7………..……………………………………………………………… 2,00.- 
d ) “ vermello, futbol sala e futbol 7………………….……………………….3,00.- 
e ) Falta de uniformidade adecuada, (camiseta ou pantalón diferente)…………. 3,00.- 
f ) Non presentación dun balón regulamentario ou en perfectas condicións…. 15,00.- 
22 PAGAMENTO DAS SANCIÓNS ECONÓMICAS
1 ) As sancións descontaranse do depósito que os equipos ingresaron para as mesmas, no caso de
que un equipo quede só con 8,00.-, terá que facer un novo depósito no prazo máximo de sete días
dende que se avisou. Ao/s equipo que non cumpra dito prazo, non se lle programará/n encontro/s
dándoselle/s o/s mesmo/s por perdido/s pola mínima diferencia.
2 ) O equipo será expulsado cando sexa avisado unha segunda vez e non faga o ingreso antes do
martes anterior á seguinte xornada,
3 ) Cando un equipo perda a totalidade da fianza terá que repoñela no prazo máximo de sete días,
o equipo que incumpra esta norma sera expulsado, e todos os integrantes do mesmo, non poderán
participar na vindeira tempada.
23 ACLARACIÓNS E RECLAMACIÓNS
1 ) O/s equipo/s a través, só do responsable do/s mesmo/s ou, por causa de forza maior só por
calquera dos outros dous, (delegado/a, ou delegado/xogador) poderá presentar por escrito as
aclaracións ou reclamacións que xulgue oportunas na defensa dos seus intereses e do equipo ante o
comité de competición antes das 20,30 horas do luns seguinte á celebración do encontro.
3 0
2 ) As aclaracións e reclamacións teñen quese presentar mediante escrito razoado informando
sobre os feitos acaecidos, aportando cantos datos e probas consideren oportunas para o maior
coñecemento dos feitos. Non terán validez as aclaracións ou reclamacións feitas de forma oral.
3 ) En ningún caso, expresaranse xuízos de valor, ou descalificacións sobre os árbitros, delegados,
comités, organización ou equipo rival; neste caso desestimarase dita aclaración ou reclamación.
4 ) Ao facer unha reclamación por “aliñación indebida”, o reclamante terá que depositar a
cantidade de 10,00.- por xogador. No caso de prosperar a súa reclamación, o depósito será
devolto.
24 RECURSOS
1 ) O responsable do equipo, ou por causa de forza maior só por calquera dos outros dous
delegados, (delegado/a, ou delegado/xogador), poderán interpor recurso ante o comité de apelación das
resolucións disciplinarias adoptadas polo comité de competición.
2 ) O recurso presentarase por escrito e cun depósito de 10,00-, (Se o recurso é conxunto 20,00-)
na sede da organización antes das 20,30 horas do xoves seguinte ao fallo do comité de competición.
No caso de prosperar dito recurso, o depósito será devolto.
Todos os escritos das aclaracións, reclamacións e recursos terán que encabezarse co
nome do delegado que o fai, con seu número da licenza, DNI e nome do equipo, tendo que vir
sempre asinados.
25 BAIXAS DE EQUIPOS, EXPULSIÓN/S
1 ) No caso de que algún grupo da 2ª división de baloncesto, 2ª división de honra no futbol 7 e na 4ª
división en futbol sala e futbol 7, quede nas dúas primeiras xornadas con menos equipos dos
establecidos ao principio da competición (pola retirada ou expulsión do/s mesmo/s), dita/s baixa/s
poderá/n ser cuberta/s con outro/s equipo/s, co fin de que os grupos sexan parellos. No caso de
cubrirse dita/s baixa/s os resultados obtidos polos equipos que xogaron contra eles non terán validez,
tendo que xogar de novo dito/s equipo/s contra o novo/s.
2 ) Despois da 2ª xornada se un/s equipo/s se da de baixa ou é expulsado/s, todos os resultados
obtidos polos equipos que xogaron contra el/es non terán validez a efectos da clasificación xeral.
3 ) O equipo que por sancións ou baixas quede cun número de xogadores que non lle permita cubrir
o mínimo para comezar o encontro, será expulsado.
4 ) Unha vez comezada a Competición, no caso de RETIRADA ou EXPULSIÓN, o equipo, e os
compoñentes do mesmo, PERDERÁN TODOS OS SEUS DEREITOS, e baixo ningún concepto terán
dereito á devolución do importe aboado da fianza, do seguro, da Inscrición, nin do deposito para as
sancións.
5 ) A expulsión individual como do equipo, según a gravidade dos feitos acaecidos pode ser dende
unha a catro tempadas.
26 TABOLEIRO ANUNCIOS E PÁXINA WEB
As únicas programacións validas son as que se expoñen nos taboleiros de anuncios desta
organización, sitos no Instituto Municipal dos Deportes, ( IMD ), e da paxina web http://www.vide.es, da
Fundación Vigo en Deporte (VIDE), onde se reflictan os encontros programados, a partir das 19,30 dos
mércores e as resolucións dos comités os martes e xoves.
3 0
Na páxina web, tamén se porán as normas e regulamento, avisos, calendarios, clasificacións e
as resolucións dos comités de competición e apelación.
27 COMISIÓN DE PARTICIPACIÓN
27.1 COMPOÑENTES
Presidente da “Agrupación Deportiva Vigo“
Dous membros da Organización
Un participante de Baloncesto
Un participante de Futbol Sala
Un participante de Futbol 7
Un representante dos árbitros
Un ou dous funcionarios do Concello ou Organización tutelada.
27.2 NOMEAMENTOS
1 ) Para elixir aos representantes de baloncesto, futbol sala e futbol 7, a organización, dentro das
primeiras sete xornadas da competición, levará a cabo unha convocatoria de eleccións, na cal poden
concorrer todos os participantes, pero só poderán votar os responsables de cada equipo ou outra
persoa na quel deleguen por escrito, acompañando dita autorización co o seu DNI, ou fotocopia
compulsado do mesmo.
2 ) O colectivo dos árbitros nomeará ao seu representante na forma que estimen conveniente.
3 ) O Concello ou a Organización tutelada e a “Agrupación Deportiva Vigo” nomeará aos seus
representantes.
27.3 COMPETENCIAS
1 ) Velará para que a xestión deportiva da Organización se axuste ás bases das normas e
regulamento estabrecidos.
2 ) Formulará cantas suxestións e peticións considere oportunas para o mellor desenvolvemento da
competición.
3 ) Os representantes dos equipos formaran parte do comité de apelación.
27.4 REUNIÓNS
As reunións celebraranse unha vez ao mes, cando o soliciten o 50 % dos seus membros, ou por
causas de forza maior, neste caso terá que ser convocada polo Presidente.
28 COMITÉ DE COMPETICIÓN
O Comité está formado por, Presidente.
Secretario.
Vogal
1 ) As decisións do comité de competición baséanse fundamentalmente, nos datos contidos nas
actas e nos anexos dos xuízes árbitros, así coma nas aclaracións ou reclamacións que poida/n
presentar o/s delegado/s do/s equipo/s.
2 ) As decisións do Comité de Competición terán validez legal a todos os efectos, dende o momento
da súa públicación no taboleiro de anuncios ou na páxina wed.
3 0
29 COMITÉ DE APELACIÓN
O Comité estará formado por,
Presidente da “Agrupación Deportiva Vigo”
Dous Técnicos deportivos da Organización.
Tres representantes dos equipos, un por deporte.
Representante dos xuízes árbitros.
1 ) O Comité de Apelación ten competencia sobre todas as incidencias que poidan derivarse do
desenvolvemento da competición “Vigo en Xogo” e constitúe a instancia última da apelación, puidendo
revocar, confirmar ou modificar tanto as decisións, como os acordos adoptados polo comité de
competición ou organización
2 ) O Comité de Apelación có fin de evitar posibles perxuicios irreparables; de oficio ou a instancia
de parte, poderá decretar a suspensión cautelar da aplicación das decisións ou acordos adoptados polo
Comité de Competición ou Organización ata a publicación da súa decisión sobre os mesmos.
Contra as resolucións adoptadas polo comité de apelación non haberá recurso, sendo o
seu fallo inapelable
30 ÁRBITROS
Os árbitros, como máxima autoridade e xuíz dos encontros, deberán dar exemplo, en todo
momento ante os participantes, especialmente no seu comportamento persoal e uniformidade.
1 ) O árbitro é a autoridade deportiva única e inapelable na orden técnica, para dirixir os encontros.
2 ) As súas competencias comezan no momento de entrar no recinto deportivo e non terminan ata
que o abandona, conservándoas polo tanto, durante os descansos, interrupcións e suspensións, aínda
que o balón non estea no campo de xogo.
3 ) Tanto os delegados como os xogadores, deben acatar as súas decisións e estan obrigados a
apoialo e protexelo en todo momento para garantir a independencia da súa actuación e ao respecto
debido o exercicio da súa función.
30.1 OBRIGAS
1 ) Non poderán pertencer a ningún equipo da competición nin como delegado nin como xogador.
excepcionalmente e só por causas de forza maior a organización poderá autorizalo.
2 ) Terán que asistir obrigatoriamente ás reunións e ós cursiños de actualización que se impartan.
3 ) Terán que recoller os nomeamentos (actas), tendo que entregar as mesmas coas cartolinas
onde se reflicten as incidencias do encontro, e os anexos no horario establecido pola organización.
4 ) Presentaranse nas instalacións deportivas cunha antelación mínima de dez minutos co obxecto
de recoñecelas, examinar as súas condicións, inspecionar os vestiarios e terreos de xogo e comprobar
o seu estado e as condición xerais das mesmas, (liñas, porterias, redes, etc.) anotando no parte de
incidencias das instalacións o estado da mesma.
.
5 ) Farán as advertencias necesarias aos delegados do encontro para que os xogadores se
comporten antes, durante e despois do encontro coa corrección e deportividade debida.
6 ) Cubrirán as actas co número de licenza e nome do delegado/a responsable no encontro e os
números das licenzas e dorsais dos xogadores. No caso de que as actas estean xa cubertas cos
números das licenzas e nomes, terán que poñer os números dos dorsais e marcar con unha (X) os
xogadores que estean presentes.
7 ) Comprobarán e revisarán as licenzas dos participantes cando a organización ou os comités de
competición e apelación o estimen oportuno.
3 0
8 ) Revisárán os balóns que presenten os equipos, esixindo que reunan as condicións
regulamentarias
9 ) Non deixarán xogar ao que non cumpra a regulamentación, respecto as proteccións das canelas,
dorsais, adornos, piercing e lentes.
10 ) Prohibirán que entren no terreo de xogo sin a súa autorización, outras persoas que non sexan os
xogadores que están xogando.
11) Non deixarán que no banco estea/n un/s xogador/es que non consten na acta, o/s expulsado/s,
así como outra/s persoa/s que non son do/s equipo/s.
12) Farán cumprir a obriga de que os membros do equipo e os xogadores que non estean xogando
teñan que permanecer sentados nos bancos.
13) Farán cumprir a obriga para que as substitucións dos xogadores se fagán conforme ás reglas do
xogo.
14) Retirarán a/s licenza7s e achegaralas/s a acta do/s participante/s que forá/n sancionado/s con
cartón de, técnica descalificante (baloncesto), vermello (futbol sala) e azul directa ou vermello (futbol 7.
15) Se un encontro comezase atrasado por causas de forza maior ou por os 5 minutos de cortesía,
dito tempo descontarase sempre no transcurso do mesmo.
16) No caso de que as inclemencias meteorolóxicas ou por outras causas de forza maior, obrigaran
á suspensión do encontro; a acta terá que cubrirse facendo constar na mesma as causas polas que non
se puído levar a cabo o encontro. Tendo que pernanecer nas instalacións, e pechar unha a unha as
actas nas horas previstas para cada un dos outros encontros que tiña que arbitrar.
17) A petición do delegado responsable do equipo no encontro, cubrirán e asinarán o parte de
accidente cos datos do lesionado, entregando o mesmo ao accidentado, facendo constar no mesmo de
que forma levou o golpe e onde, tendo que reflectir isto tamén na acta.
18) En ningún caso farán constar na acta ningunha clase de aclaración ou reclamación por parte
dalgún equipo.
19) Os árbitros poderán atrasar ou adiantar un encontro, por causas de forza maior, ou tomar as
medidas que estimen oportunas para axustar o horario establecido pola organización, pero nunca por
causa dos equipos, aínda que houbese acordo entre eles.
Os árbitros independentemente dos anteriores apartados, rexeranse tamén pola
normativa reflectida no réxime Interno sobre a conduta dos mesmos respecto á competición.
30.2 REGULAMENTACIÓN
Os árbitros están obrigados a reflectir na acta ( no caso de ser un participante,terán que
poñer o número da licenza e do dorsal ), todas as incidencias que se produzan nos encontros e
de forma expresa o relativo a,
1 ) Incomparecencia do/s equipo/s, ou que os mesmos non conten co número mínimo de xogadores
para poder comezar o encontro, tendo que reflectir a hora do feche.
2 ) Cando lle entregan as licenzas sen a debida antelación ou no descanso
3 ) Puntualidade do/s equipo/s (minutos de cortesía), tendo que reflectir o equipo que chegou
tarde e a qué hora comezou o encontro.
4 ) A negación por parte do delegado do equipo a asinar a acta antes do comezo do encontro, ou no
caso de chegar tarde (minutos de cortesia) no descanso ou a finalización do encontro.
3 0
5 ) A uniformidade e vestimenta do/s xogador/es que no/n reúna/n os requisitos establecidos neste
regulamento e dos xogadores que non saian o terreo de xogo coa camiseta por dentro do pantalón ou
que cando estean xogando as poñan por fora.
6 ) A presentación ou non de balón/s e condicións dos mesmos se non valen para xogar.
7 ) A negación por parte dos participantes de permanecer sentados no banco.
8 ) A negación de abandonar o terreo de xogo ou banco, o/s participante/s excluido/s no encontro.
9 ) A presenza de xogador/es, que estean no medio dos campos, (fútbol 7) ou dentro do pavillón
quecendo co balón, mentrés estea xogando o seu equipò ou outros.
10 ) A presenza no terreo de xogo dos acompañantes, estean ou non xogando cun balón, mentres
estean a xogar os equipos, e sin son maiores ou nenos/as.
11 ) A presenza no banco de persoas alleas aos equipos ou xogadores que non consten na acta ou
que estean indebidamente uniformados.
12 ) A invasión por parte de xogadores ou acompañantes no terreo de xogo.
13 ) A negación por parte dalgún equipo a someterse á comprobación e revisión das licenzas ou á
falta de algún dos participantes cando se estea a facer dita comprobación.
14 ) A negación por parte dalgún participante a ensinar o seu DNI, ou outro documento orixinal para a
perfecta comprobación da sua licenza.
15 ) Dúbidas sobre a validez da/s licenza/s de algún/s participante/s
16 ) Todas as condutas e feitos antideportivos acaecidos, antes, durante ou despois do encontro, no
campo de xogo, nos bancos dos equipos, nas gradas, nos vestiarios, e incluso os producidos fóra da
instalación deportiva; protagonizado/s por algún dos participantes ou polos seus acompañantes.
30.3 ANEXOS
1 ) Co fin de evitar situacións de tensións, os árbitros poderán facer un anexo á acta do encontro,
con posterioridade á finalización do mesmo e fóra da instalación, tendo que reflectir na mesma que vai
facer dito anexo.
2 ) O/s equipo/s implicado/s poderá/n dirixirse á organización co fin de coñecer o contido do mesmo.
31 INCOMPARECENCIA ARBITRAL
1 ) Cando non se presente o árbitro dun encontro deberán poñerse de acordo os delegados,
(responsable, delegado/a, ou delegados/xogadores) dos dous equipos para que algún dos presentes
aínda que non sexa dos equipos faga dita función, levantando acta noutro papel, con todos os datos
dos, delegados, xogadores, número das licenzas e dorsais, goles e incidencias, etc. tendo que ser
asinada polos delegados responsables nese encontro de cada equipo.
2) O equipo locatario ten a obriga de entregar a acta na oficina da organización antes das 18,00
horas do LUNS seguinte á celebración do encontro, sendo valida a todos os efectos, si así o estima o
comité de competición. No caso de non entregala no horario da data sinalado daráselle o encontro por
perdido, descontándolle dous puntos na clasificación xeral.
3 ) No caso de que non se poñan de acordo os dous equipos, e o encontro quedase sen celebrar
darase o encontro por empatado, cero a cero a ámbos os dous equipos, descontándolle tres puntos
na clasificación xeral a cada un deles.
4 ) Todo encontro non arbitrado polo árbitro designado pola organización non será aboado.
3 0
32 SEGURO DOS ACCIDENTES DEPORTIVOS
32.1 CONDICIÓNS PARTICULARES
Compañía Aseguradora: ESTRELLA SEGUROS, S.A.
Rúa Policarpo Sánz, 36 – 38, 1º – Oficina, A
Tfnos: 986 – 44 97 08 – 986 – 44 97 06
Vigo
Póliza nº X05361000608 Duración, 01/10/2009 – 30/06/2010
Tomador do seguro “Agrupación Deportiva Vigo“
Competición Vigo en Xogo 2.009 – 2.010
Servicio de atención 24 horas, 902 300 901 NOTA: E conveniente chamar sempre a oficina de Vigo
Centro concertado: CLINICA NTRA. SRA. DEL PERPETUO SOCORRO
Rúa Manuel Olivie, 11 (subida o Castro)
Tno. 986 – 41 14 66
VIGO
Ambulancia: AMBULANCIAS DO ATLANTICO
Tfnos: 986.- 48 35 25 – 986 – 41 17 81
32.2 GARANTÍAS ASEGURADAS CAPITAL ASEGURADO
Falecemento por accidente, gastos do enterro e enterramento…………………….3.000,00.- 
Invalidez permanente absoluta…………………………………………………………………6.000,00.- 
32.3 ASEGURADOS
Teñen a condición de asegurados todas aquelas persoas que figuran identificadas, na relación
nominal, asinada e selada polo tomador “Agrupación Deportiva Vigo” e a Compañía de Seguros
ESTRELLA SEGUROS, S.A.
32.4 ASISTENCIA SANITARIA
Nos centros Sanitarios e/ou Facultativos concertados pola Aseguradora.
32.5 COBERTURA E RISCOS CUBERTOS
1 ) Todos os xogadores de, baloncesto, futbol sala e futbol 7, participantes nas competicións
deportivas “Vigo en Xogo”, que son organizadas pola “Agrupación Deportiva Vigo” teñen unha
cobertura de asistencia sanitaria (honorarios dos facultativos, estancia hospitalaria, probas diagnosticas
ou exploratorias) que precisen, como consecuencia da/s lesión/s producidas nun encontro, sempre que
dita lesión fora reflectida na acta, polo árbitro do encontro.
2 ) A prestación sanitaria cuberta non terá limite económico, cando a mesma se reciba en calquera
Centro Sanitario e/ou Facultativo expresamente designados polo Asegurador, e prolongárase até un
máximo de dous anos a partir da data do acaecemento do sinistro.
3 ) Os traslados do accidentado só en casos de extrema urxencia e sempre que sexan realizados
pola Compañía das Ambulancias concertada polo Asegurador.
4 ) Os gastos debidos a material ortopédico, que sexa necesario como consecuencia do accidente,
até un máximo do 5% do capital establecido para os gastos de enterro.
3 0
32.6 RISCOS EXCLUÍDOS
1 ) A atención noutro/s Centro/s Sanitario/s ou Facultativo/s, que no/n sexa/n o/s concertado/s polo
Asegurador.
2 ) O traslado noutra/s ambulancia/s que non sexa a concertada polo Asegurador.
3 ) As lesións ou accidentes producidas nos desprazamentos, adestramentos ou competicións
distintas das organizadas pola “Agrupación Deportiva Vigo”.
4 ) Os accidentes derivados do desprazamento dende o seu domicilio aos terreos de xogo ou
viceversa.
5 ) As lesións producidas en caso de desordes orixinados, antes, durante ou despois dun encontro.
6 ) Calquera indemnización pola rotura dos lentes, roupa ou calquera outro obxecto, aínda que a
mesma sexa consecuencia do accidente cuberto pola póliza.
7 ) Os fármacos de calquera clase, salvo os administrados ao accidentado mentres estea
hospitalizado.
8 ) As enfermidades de calquera natureza, incluso o infarto de miocardio ou derrames cerebrais,
como as lesións e outras consecuencias debidas a operacións, inxeccións ou tratamentos médicos,
cando non sexan resultado dun accidente.
32 7 DECLARACIÓN DOS SINISTROS
1 ) No caso de lesión/s, o delegado/a do equipo terá que lle solicitar ao árbitro do encontro que dita
lesión a reflicta na acta.
2 ) O parte da declaración do sinistro atoparase en poder do árbitro do encontro, que deberá cubrir
en todos os seus apartados sendo asinado tamén polo accidentado.
3 ) No caso de que o árbitro non dispoña nese momento dun parte, terán que recollelo na oficina da
organización, tendo que entregalo nun prazo máximo de 24 horas no centro sanitario concertado.
4 ) Excepcionalmente, naqueles casos nos que a lesión se manifeste días despois da celebración
do encontro, o cumprimento do parte, relizarao a organización, sempre que dita lesión fóra reflectida
polo árbitro na acta do encontro.
5 ) Calquera actuación médica posterior á asistencia inicial da urxencia precisará de autorización
previa da Compañía Aseguradora.
32.8 DATOS A CUMPRIMENTAR NO PARTE DE ACCIDENTE
a) Nome e Apelidos do accidentado
b) DNI do accidentado
c) Idade do accidentado
d) Nome do equipo
e) Data do accidente
f) Hora do accidente
g) Instalación e lugar da mesma
h) Nome do Arbitro
i) Encontro. ( nome dos dous equipos )
j) Descrición de como se produciu o accidente
k) Sinatura do árbitro.
l) Sinatura do asegurado
O accidentado terá que levar e entregar no Centro Sanitario concertado o seguinte: Parte
de sinistro, copia da Acta e a súa Licenza.
TODOS OS PARTES DO SINISTRO TEÑEN QUE IR DEBIDAMENTE CUBERTOS E ASINADOS
3 0
33 BAIXA MÉDICA
O accidentado que este de baixa, terá que retirar a súa licenza na oficina da organización
presentando o parte de alta.
34 USO INDEBIDO DO SEGURO
1 ) A “Agrupación Deportiva Vigo”, nin a Compañía Aseguradora ESTRELLA SEGUROS, S.A.,
faranse cargo de ningún gasto derivado pola asistencia que poidan ter os participantes noutro/s
Centro/s Sanitario/s, ou Facultativos, nin polo uso da/s ambulancia/s que non sexa/n o/s concertado/s
polo Asegurador.
2 ) O uso indebido do Seguro, para unha lesión non acaecida nesta competición “Vigo en Xogo”,
será sancionada con a expulsión do infractor e do responsable do equipo dende dúas a catro
tempadas.
3 ) No caso de que un participante faga uso de doutro/s Centro/s Sanitario/s, Facultativo ou de
outra/s Ambulancia/s que non sexa/n os designados pola Compañía Aseguradora, terá que facerse
cargo de todos os gastos orixinados. Se nin o lesionado nin o equipo se queren facer cargo dos gastos,
será sancionado o infractor e o responsable do equipo dende dúas a catro tempadas, reservándose
tanto a Compañía Aseguradora coma a “Agrupación Deportiva Vigo” o dereito a reclamar ditos
gastos pola vía xudicial que estimen conveniente.
35 DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A “Agrupación Deportiva Vigo”, como organizadora, resérvase o dereito de modificar na
tempada estas Normas e Regulamento, en prol dun mellor desenvolvemento da Competición.
3 0
PRÁCTICA O “ XOGO LIMPO “
“Vigo en Xogo ”, Competición Recreativa Nón Federada, non se pode réxir só nas victorias ou
nos trofeos, gañar non é a única finalidade, busca na competición outros valores. O máis importante
debe ser participar baixo o principio fundamental de promover sempre o espirito deportivo do “ Xogo
Limpo “.
Esta competición naceu para:
Os que aman o deporte.
Manter ou mellorar a saúde a través do deporte
A práctica da actividade fisica como hábito saudable.
Impulsar a función integradora e de conexión social a través da
mesma.
Fomentar a convivencia entre todos os participantes, e xogar por xogar e o que debe
prevalecer nesta competición “Vigo en Xogo“.
Práctica sempre, o “ XOGO LIMPO “, respectando aos árbitros, oficiais de mesa e opoñentes.
Os contrarios non son teus enimigos, non fagas de cada encontro unha batalla.
Trata de forma amigable e cordial aos integrantes do outro equipo.
Sal a xogar para pasar un tempo agradable con teus compañeiros e cos opoñentes.
A labor do árbitro ou do oficial de mesa xa é difícil de por si, colabora con eles evitando por en
dúbida, ó, seu labor.
Ten un comportamento comedido e de respecto con teus opoñentes. Acepta as vitorias con
naturalidade e as derrotas sen acritude.
Os comites, así como os árbitros, son necesarios para manter a orde, intenta axudar e non
destruir
O mantemento e coidado das instalacións deportivas, depende de todos nos, respetaas, é
procura deixalas como quixeras atopalas o chegar.
Co teu exemplo potencia o xogo limpo e a deportividade, contribuíndo dexa forma á eliminación
de situacións de violencia tanto física como verbal
Os espectadores, deben colaborar na consolidación dos valores expostos anteriormente a través
de actitudes de respecto aos participantes, árbitros, oficiais de mesa, e sobre todo ao equipo contrario.
A organización tén que atender, ademais do voso, a moitos mais equipos, respecta o seu
funcionamento.
Para mellorar o funcionamento da competición, existen canles para achegar as vosas ideas.
A Organización